
Hoxe, ando un pouco canso, xa que este finde estiven no Xuventude Galiza Net, e a verdade, os cartiños son os cartiños, pero se cambia a bondo o ritmo da cotidianidade e o meu corpo, tan feitiño el, sofre o bulebule e as viravoltas do XGN.
É luns, e hoxe, estou contento, xa que unha das persoas que máis aprecio neste mundo mundial está un pouco máis preto, no día a día, e telo cada min pois supón certo acougo. E diredes por qué? Pois porque é desas persoas que inspira tranquilidade, da que sempre (aínda que non esté ao 100%) para os demais si o está, e eu, a verdade, é que tiro moito del. Ademais, o estaren con nós supón ledicia para outra xente que tamén quero. "Ousexa" todos contentos.
Trátase dunha persoa peculiar, xa que se caracteriza por ser unha persoa con claras dicotomías: maior pero xuvenil; inquedo pero que inspira sosiego; loitador pero acougado; eterno segundo pero protagonista; namorado pero excesivamente namorado; provocador pero conciliador; é o dono do Tor.
E a verdade é que hoxe me botou unha bulla de carallo. "Seique o gordiño non foi a ver o seu novo nicho funcionarial". E ten razón, dono de Tor, moita razón, pero é que ás veces non nos damos conta de que o traballo debería ser secundario fronte aos amigos, e eu, hoxe, cometín ese erro. Perdoa amigo, pero che xuro por Piolín que mañá, antes das 8.30 irei a verte.
Grazas por estar sempre aí, dono de Tor.
E xa vedes cómo é o Tor, figurádevos cómo é o dono.

3 comentarios:
Non sei que lle parecerá ao dono de Tor o teu artigo pero a min pareceume precioso. És un bo amigo e por iso te quero.
Hoxe teño un mal día, un moi mal día, e ver que aínda que valora a amizade reconfórtame.
Reymagoo... moitos bicos
Ánimo Tor. Fuerza.
D.E.P. Tor.
Publicar un comentario en la entrada