jueves, 14 de marzo de 2013

Ilusión socialista galeguista

O pasado 15 de decembro de 2012 xeraba unha alternativa dentro do socialismo galego. Emerxía a Plataforma En Positivo a prol dun  Novo Proxecto Socialista, sendo un dos seus impulsores o sempre presente Ceferino Díaz

Onte, na Casa do Pobo de Compostela, este grupo de homes e mulleres con inquietudes por refundar o PSdG celebrou unha xuntanza coa militancia compostelana, unha xuntanza en forma de debate ("... un Partido que aplauda menos e debata máis...") e fun absorbido por algo que, desde a miña corta militancia socialista, noto en falta en case todas as reunións ás que teño a sorte de poder asistir: ilusión.

Se o PSOE ten un problema fundamental hoxe en día é que non ten capacidade de xerar ilusión na cidadanía, afastada da Política pola corrupción e polas decepcións protagonizadas por uns e por outros. ¿Qué líder socialista en Ferraz ou en O Pino provócanos algún tipo de esperanza? Claro que agradecemos "os servizos prestados" a uns e a outros, esa non é a cuestión. Pero como di o arxentino José Narosky, "perder una ilusión, hiere; perderlas todas, mata". E o PSOE non pode acabar como en Grecia, por exemplo, reducíndose á nada.

Non vou a entrar nos postulados que esta Plataforma EN POSITIVO defende, porque con entrar en www.socialistasenpositivo.com témolo sinxelo (e invítovos a o facer), pero a idea de refundar o proxecto político desde premisas galeguistas e socialistas, fuxindo de nominalismos e sucursalismos, e coa vontade, dignidade e xenerosidade como apelidos das persoas que queran sumarse a este cambio profundo que se pretende, alomenos, a mín que son novato, xérame ilusión. Unha ilusión socialista galeguista.

As persoas que alí participaron son profesionais de diferentes sectores da sociedade galega; formad@s; que non queren facer da Política a súa profesióncaracterística común e endémica, de moit@s de quen ocupan ou teñen ocupado ultimamente postos de relevancia neste partido (e mira que lles custa deixalos); que teñen a capacidade de, alí mesmo, sumar activos da nosa mocidade presente e futura; voces limpas de ansia de poder, pero cheas de gañas por construír un partido aberto á cidadanía, aos seus problemas reais, asumindo erros doutros (nosos) que nos teñen afastado dela, pero sendo diferentes.

Con xente como a onte escoitei no debate EN POSITIVO teño claro que "Aquí hai Partido, aquí hai Futuro". Pero como eles din, sen présa por chegar, con gañas de sumar e de mellorar. 

Xa volo advirto, houbo escasos aplausos, pero apestou a xenerosidade e a ilusión.