viernes, 28 de diciembre de 2012

Harto de mentiras "¿constitucionales?"


Dice la prensa que Feijóo y su gobierno se bajan el sueldo. 

Otra patraña. Si no cobras en A, cobras en B. Así de fácil. Y los medios de comunicación que callan, más de lo mismo. Simples adláteres.

Sin embargo, unos que ganan su oposición dignamente; que pierden poder adquisitivo año tras año; que intentan día tras día ser profesionales (mientras les dejan, gobiernen unos u otros) y con vocación de servicio público; que les restringen derechos adquiridos; que no les cambian las normas para hacerlos fijos al antojo del político de turno; que no les tapan su código de puesto para que no se ocupen por promociones internas o salgan a la oferta de empleo público para su cobertura legalmente establecida; que a pesar de los problemas actuales, de "austeridad", ven cómo se sigue traspasando personal de otras administraciones a la Gallega con el simple mérito de ser amiguitos/as de un cargo (alguna no hace ni un mes y los sindicatos calladitos agg!); que están cansados de asumir los errores de quienes mal gobiernan (unos y otros); y también, por qué no decirlo, hartos de supuestos pactos de silencio entre políticos de diferentes colores bajo la bandera falsa de la estabilidad institucional; tienen que aguantarse... 

¡Cuidado señoras y señores políticos!, están jugando con la paciencia de quienes tapan sus vergüenzas procedimentales, con quienes forman parte de la estabilidad democrática de un país, con quienes callan... pero veo, por las conversaciones de compañeros y compañeras, que están llegando al límite. Y soportamos que jueguen en el Parlamento a apalabrados o que vean páginas porno con sus portátiles de regalito (que, casualmente, pueden perder en el colegio de sus hijos y se les compran otro a cargo de las arcas públicas), que tengan unos privilegios que no cesan cuando cesan los derechos de otros, ¿qué cojones pasa? ¿Y aún encima nos disfrazan con malabarismos dialécticos que nos las están metiendo doblada? ¿Qué carallo de anticipos, cuando es NUESTRA paga extraordinaria? ¡Reclámenles a urdangarines, reyes vividores a cuenta del pueblo, ratos, sectas religiosas, méndezes o gayósoses!¡Controlen realmente (se autocontrolen en muchos casos) a quien evade impuestos! No, a esos no, a esos amnistías fiscales. Reclámenles a sus empresarios amigos que, sin embargo, se les perdonan deudas a la Administración bajo triquiñuelas ocultas... ¿Se piensan que somos gilipollas? El respeto que solicitan para sus actuaciones termina en el respeto que Vdes. infringen a los demás. Y al menos a mí, se me está faltando. ¡¡No vale todo!!

Ayer, en twitter, dos crápulas diputados dicen "Perdón, no volverá a suceder"; antes fue otro. Y ya está, perdonados. A seguir chupando del teto. A ver si vale la misma fórmula para quien, tarde o temprano, se le vaya la olla y haga una locura porque no le llega el dinero para dar de comer a sus hijos o para quien se sienta robado ya que le birlan sus ahorros que con tanto sufrimiento han conseguido. Espero que para estos también cuando digan "perdón, no volverá a suceder" también le valga, porque esa Constitución a la que tanto recurren cuando les sale de los h..., también dice que somos iguales ante la ley. Bueno, la ley... 

Al menos, nosotros, los funcionarios, podemos ir por los pasillos de la Xunta con la cabeza muy alta, aunque ganemos una mierda. Otros, tienen que bajarla por mentiras tras mentiras; o tienen que bajar por una escalera B para no cruzarse con la morralla funcionarial. Pero ¿de qué van? 

Ayer un amigo me dijo que hay un sentir en la judicatura, fiscalía, abogacía, sanidad, etc., con montar algo más allá de los partidos políticos actualmente institucionalizados. Que se lo están planteando en serio para que pasen los ladrones por caja, porque han perdido las esperanzas con los que están o los que puedan estar. Yo le dije que ellos también contribuyeron y contribuyen con este juego, pero que en defensa de sus intereses cualquier movimiento es bienvenido, sea del color que sea. Respeto y suerte le deseé. Yo estoy en un barco del que no me voy a bajar, soy así de raro, aún en la derrota me gusta luchar por lo imposible (soy un romántico), con la esperanza de que esa generosidad reclamada por el siempre presente Ceferino Díaz sea protagonista de un partido que tiene que cambiar de la A a la Z. Incluso ayer, aplaudían a un compareciente parlamentario. ¡Alucino! ¡Menos aplausos y más control! Si están ahí es para trabajar, para controlar la acción del gobierno y para denunciar las fechorías de quienes nos ahogan a precio de austeridad.

Tengo fe en los escasos cargos políticos que aún quedan con ideales, que desarrollan su función interina dignamente (he conocido a algunos/as, escasos/as, y de todos los colores eh!). Tengo esperanzas de que algo se mueva pronto en la Administración y acabemos ya con este desgobierno (de unos y otros). Y también de la mano de sindicalistas que no traicionen a sus supuestos defendidos. Tengo esperanzas de que jóvenes con ideales resurjan de las ultratumbas de la sociedad civil e impulsen una nueva democracia. Ésta está viciada y ya no sirve. Nos están vendiendo. Hay distorsiones en todos los niveles. Esto hay que pararlo de una p... vez!

Vaya desbarre que me ha salido, pero la verdad, es que cuando escucho ruedas de prensa como hoy o mensajes de navidad enlatados se me alteran los dedos y algo más... Hasta los cojones de mercaderes de la nada, de la mentira, de la farsa, del compadreo, del escarnio, de la falacia... 

Feliz 2013 para los que lo están pasando peor; para el resto, a aguantar mientras podamos y cuando no podamos más... (aquí pones lo que tú harás cuando no puedas más).

domingo, 23 de diciembre de 2012

A rosa socialista... de loito


Levaba máis dun ano sen deixar o meu sinal neste, meu, Curruncho. Tiña que ser algo realmente importante como para recuncar de novo neste baúl de soños e de realidades... E non só foron as súas verbas, as túas Ceferino, senon a coraxe que con elas desprendías. Parecían dicir... Espabilar hostia, que así non imos a ningures! 

Eu non che son teórico, nin tampouco sei moito de socialismo. Gústame traballar cando vale a pena o obxectivo: construír e mellorar o que nos rodea. E gústame a xente...

Aínda que sempre vivín de preto o mundo da política, ata o mes de febreiro de 2012 non din un paso adiante. A miña amiga Pilar Cancela, sempre chea de ilusións, animoume a asistir ás intervencións, en Santiago de Compostela, de Rubalcaba e de Chacón; e xa co gustillo no corpo, invitoume ao duodécimo Congreso do PSdG. Despois de escoitar a meirande parte das intervencións, de observar e atender ás conversas "off de récord" dos corrillos, cafés e comidas dese día, decidín enviar a solicitude para militar no PSOE.  

Desde entón, empapeime de partido, de homes e mulleres que, ao seu xeito, participan activamente para tentar cambiar a realidade deste tempo. De entre todos eles, xurdía tanto nas xuntanzas da Agrupación Local como nos diferentes comités, a figura dun home tocado nas súas forzas vitais pero cheo de gañas por axudar a prol dun "cambio profundo", el diría "moi profundo, para ilusionar á militancia e reconciliarse coa cidadanía". El advertía que non tiña présa... El sempre EN POSITIVO.

No Comité Nacional do 10 de novembro deu unha lección de socialismo, de servizo ao PSdG: "Aquí hai Partido, aquí hai Futuro". Comezaba a súa intervención pedindo perdón por se non se lle entendía ben, dixo "é a vida". (Pero Ceferino, todas e todos entendímosche perfectamente. Algúns de alí, o que pasa, é que non queren facelo, vailles ben así... E non, lamentablemente non serán xenerosos. Pero esa é a diferencia entre ti e eles). Nese momento, eu, principiante, wasapeei a un membro da Executiva: - Cómo teño que facer para conseguir o discurso de Ceferino. El díxome que o pediría, que cando o trascribiran, achegábamo. E así fixo o 14 de decembro. E despois de ter o permiso do seu autor, grazas a Noa, o publiquei neste Curruncho de Reymagoo.

Días despois, no Congreso Provincial, a compañeira Noa Díaz, en representación da Agrupación Local compostelana, utilizaba as súas máximas para que se producira ese cambio profundo: vontade, dignidade e xenerosidade

A Ceferino Díaz lembrareino tamén, por pasar moitas mañás, mentras eu tomo o café cos compañeiros de traballo no Milenium, con chaqueta oscura, gafas de sol e, ás veces, con sombreiro, dirixíndose á rúa do Pino. A traballar. A construír. A mellorar. Manolo, que o coñece de hai tempo me dicía: - Marco, aí tes un bo home e un bo socialista. Xa non quedan coma el.

Hoxe, non canso de ler as pegadas que deixa Cefe en todas e todos os membros da familia socialista, do resto dos partidos políticos, das organizacións sociais, na cidadanía galega... Na seguinte asamblea da Agrupación botarei de menos, unha cabeza lixeiramente inclinada cara abaixo, uns ollos pechados, uns movementos de mans sobre a cara e uns xeonllos bicándose. 

Falaba Cefe de pedir disculpas. Nós, hoxe, aceptamos as túas, por deixarnos orfos no socialismo galego. D.E.P.


"Amigos, temos que construír un Partido máis aberto, 
un Partido participativo, transparente, 
con primarias, listas abertas, voto individual. 
Un Partido que aplauda menos, que aclame menos e debata máis."





domingo, 16 de diciembre de 2012

Aquí hai Partido, aquí hai Futuro



Ás veces un ten a sorte de vivir grandes momentos da nosa pequena historia. Penso que este foi un deles: o 10 de novembro de 2012, no Comité Nacional do PSdG-PSOE, en Santiago de Compostela,  máis dun cento de intervencións de compañeiras e compañeiros que amosaban as súas inquedanzas froito da situación post-eleitoral do 21O en Galicia. 

A voz é de Ceferino Díaz, non precisa presentación. O sentimento, de moitas e moitos de nós. Todas e todos debemos escoitar o que di e o que nos quixeron dicir a cidadanía galega.  

"Boas tardes.

Sr. Presidente, compañeiros e compañeiras:

Falando de disculpas, vexo que hoxe daquí debería saír, xunto coa referencia aos que nos apoiaron, as disculpas tamén cara a eles e cara aqueles outros que nos houberan apoiado se viran en nós unha alternativa, porque todos eles perderon con nós. Non perdeu o Partido Socialista, houbo moitas persoas neste país e moitos colectivos que perderon o día 21 e nós a eles temos que pedirlle tamén disculpas.

Compañeiros, desgraciadamente cumplíronse os peores presaxios: perdemos estrepitosamente. Evidentemente, nós, o PSdeG-PSOE, non foi visto como alternativa. A maioría da cidadanía non veu en nós unha alternativa clara ao goberno de Feijóo, a pesar de que eran eles os que estaban xestionando a crise económica e que segundo nós a estaban xestionando de maneira inxusta. Agora si, compañeiros, que non hai présa; eu non teño ningunha présa. Sen eleccións á vista temos moito tempo por diante e por iso vos pido calma, non podemos pechar como se aquí non pasase nada. Todo o contrario, é obligado un cambio profundo, eu diría moi profundo: para ilusionar á militancia e reconciliarse coa cidadanía, que nos ve hoxe, aos socialistas, máis como profesionais da política que como persoas preparadas e dispostas a servir.

Hai que construír un proxecto, levamos moito tempo sen un proxecto creible, porque amigos candidatos, que sería de nós, na campaña, se non houbese recortes en educación e en sanidade? Cal era o noso discurso?

Aceptamos, no seu momento, en maio do 2010, o dogma neoliberal, porque compañeiros, naquel momento non tiñamos alternativa ante a crise; nin a tiñamos nós, nin a tiña a socialdemocracia europea. Non a tiñamos!! Reformamos despois a Constitución porque nos mandaron e tamén, porque non tiñamos alternativa. Dous anos máis tarde seguimos sen ter alternativa nin a nivel de Estado, nin a nivel de Galicia porque a alternativa á crise, compañeiros, non é negar a crise. Non é dicir, se gañamos nós: libros, médicos, medicamentos, todo como antes. Iso non era creible. Non era creible que nin San Pachi, nin san non sei quen poidese facer a miragre de volver ao 2007. Estamos no 2012 e o cidadán é consciente de que estamos en crise e que hai cousas que hai que cambiar; pero, dende a esquerda ten que facerse con outra sensibilidade, que era a nosa oferta creible. Nós imos a xestionar a crise con outra sensibilidade, tendo en conta fundamentalmente aos máis débiles, á xente que traballa e á xente que ten medo porque non ve claro o seu futuro.

Somos un partido necesario, díxose aquí, pero somos necesarios se temos respostas. Somos prescindibles se só temos críticas e non propostas viables aquí e agora. Hai que ter respostas e propostas, aquí e agora. A sociedade galega necesita dun Partido Socialista, dun partido de esquerdas, dun partido galeguista e dun partido que non se defina por estar á contra, senón por un partido que achega solucións aos problemas do país, achega solucións á crise, e di como hai que xestionar mellor a crise e achega solucións a unha crise, que por certo, non é coxuntural, que vai para longo; e achega solucións tamén a problemas estruturais que ten este país.

Compañeiros, cada vez somos menos os galegos e sendo menos non podemos pesar máis. Temos un campo abandonado e envellecido, temos máis terras a monte que en produción, temos unha gandeiría que é o sector moderno da agricultura que está en fonda crise, o futuro da pesca é unha incognita, a desindustrialización de Galicia segue sendo unha realidade e a reindustrialización un soño. Temos un índice de fracaso escolar que hipoteca o futuro non soamente os recortes. O fracaso escolar non vén dos recortes, senón que xa o había antes, e temos tamén un deterioro do medio ambiente que neste país é sangrante porque o medio ambiente tiña que ser unha das riquezas sobre a que proxectar o noso futuro. A estes temas haille que dar resposta e a respostas debemos dalas cunha organización ilusionada, cunha organización creible para a cidadanía; e compañeiros, con caras novas que apoien novas ideas.

Perdemos xa as autonómicas; agora as seguintes son as municipais, que están lonxe, pero amigos, para recuperar as alcaldías fai falta proxecto e en moitos casos tamén, non nos esquezamos, novas persoas. Son outros tempos e hai que entendelo así. Non vai esta crítica contra ninguén senón que todos temos que sacrificarnos polo futuro deste Partido e aí temos que sacrificar a compañeiros que hoxe están mandando, tamén lle pido claramente dar un paso atrás a moitos compañeiros que non o fixeron mal, pero que hoxe, de cara ao futuro non son a solución. É un sacrificio, pero o sacrificio o pido non por persoas, senón polo proxecto.

Dito esto amigos, temos que ir a un congreso ordinario. E, que non se me diga que os Estatutos non o prevén. A situación é de tal calibre que ou facemos  un congreso a fondo e en serio onde primeiro discutamos o proxecto, e elaboremos un proxecto para este país, que non o temos. Porque non é a suma “de los de educación, más otro de sanidad y otros más ... Eso non é un proxecto, hai que saber que queremos ou cal é a situación deste país e que queremos facer con el nos próximos 30 anos. Cal é a idea dos socialistas en todo eso e iso require traballar en serio, traballar abertos á cidadanía nese proxecto aberto e despois da Conferencia Política e de Organización. E digo despois porque a Conferencia de Organización ten que cambiar moitas cousas, porque senón este non é un Partido democrático. Non hai un congreso democrático para este Partido se non cambiamos as regras de xogo, e iso ten que ser na Conferencia Política e de Organización. Só cunha nova dirección e cun proxecto creible podemos recuperar a confianza daqueles que noutros tempos foron os nosos aliados.

Amigos, temos que construír un Partido máis aberto, un Partido participativo, transparente, con primarias, listas abertas, voto individual. Un Partido que aplauda menos, que aclame menos e debata máis.

O debate é fundamental neste Partido, o modelo de Partido actual non serve para o futuro, este modelo é un modelo que servíu para a transición, agora non serve. Señores, neste Comité Nacional temos 40 aquí (pola Executiva nacional) e 200 aí controlando (polos Delegados/as); que sentido ten esto? No Comité Nacional hai moitos anos só se interviña para criticar á executiva; agora a maioría é para aplaudir. Compañeiros no Comité Nacional non temos que facer o debate sobre o discurso do secretario xeral, tamén aquí hai que discutir propostas que veñan das bases porque senón, que coño pintan as bases aquí?

E iso amigos, esa é unha nova estrutura para un novo Partido e para ese Partido eu dígovos aquí, que estou escoitando: mirade, nos medios de comunicación nós temos que elixir entre sete; sete son as opcións, sete son os teoricamente coñecidos e eu dígovos: se neste Partido non hai 500 persoas entre 30 e 60 anos, capacitados, responsables, formados, que queiran dar un paso adiante; entón, non hai Partido.

Por iso amigos, este é un proceso para construír de abaixo arriba non agardar instrucións por abaixo. E empezar a discutir, e a traballar, e a dar ánimo para que ninguén se vaia; porque, aquí hai Partido, aquí hai Futuro, pero ese futuro pasa tamén por ser todos xenerosos. Mirade, ou somos todos xenerosos para deixar paso aos mellores, non aos menos malos, ou algúns desta primeira crise salvaranse, pero os demais, o Partido, morrerá de éxito buscando os culpables fóra.

Graciñas"