jueves, 14 de marzo de 2013

Ilusión socialista galeguista

O pasado 15 de decembro de 2012 xeraba unha alternativa dentro do socialismo galego. Emerxía a Plataforma En Positivo a prol dun  Novo Proxecto Socialista, sendo un dos seus impulsores o sempre presente Ceferino Díaz

Onte, na Casa do Pobo de Compostela, este grupo de homes e mulleres con inquietudes por refundar o PSdG celebrou unha xuntanza coa militancia compostelana, unha xuntanza en forma de debate ("... un Partido que aplauda menos e debata máis...") e fun absorbido por algo que, desde a miña corta militancia socialista, noto en falta en case todas as reunións ás que teño a sorte de poder asistir: ilusión.

Se o PSOE ten un problema fundamental hoxe en día é que non ten capacidade de xerar ilusión na cidadanía, afastada da Política pola corrupción e polas decepcións protagonizadas por uns e por outros. ¿Qué líder socialista en Ferraz ou en O Pino provócanos algún tipo de esperanza? Claro que agradecemos "os servizos prestados" a uns e a outros, esa non é a cuestión. Pero como di o arxentino José Narosky, "perder una ilusión, hiere; perderlas todas, mata". E o PSOE non pode acabar como en Grecia, por exemplo, reducíndose á nada.

Non vou a entrar nos postulados que esta Plataforma EN POSITIVO defende, porque con entrar en www.socialistasenpositivo.com témolo sinxelo (e invítovos a o facer), pero a idea de refundar o proxecto político desde premisas galeguistas e socialistas, fuxindo de nominalismos e sucursalismos, e coa vontade, dignidade e xenerosidade como apelidos das persoas que queran sumarse a este cambio profundo que se pretende, alomenos, a mín que son novato, xérame ilusión. Unha ilusión socialista galeguista.

As persoas que alí participaron son profesionais de diferentes sectores da sociedade galega; formad@s; que non queren facer da Política a súa profesióncaracterística común e endémica, de moit@s de quen ocupan ou teñen ocupado ultimamente postos de relevancia neste partido (e mira que lles custa deixalos); que teñen a capacidade de, alí mesmo, sumar activos da nosa mocidade presente e futura; voces limpas de ansia de poder, pero cheas de gañas por construír un partido aberto á cidadanía, aos seus problemas reais, asumindo erros doutros (nosos) que nos teñen afastado dela, pero sendo diferentes.

Con xente como a onte escoitei no debate EN POSITIVO teño claro que "Aquí hai Partido, aquí hai Futuro". Pero como eles din, sen présa por chegar, con gañas de sumar e de mellorar. 

Xa volo advirto, houbo escasos aplausos, pero apestou a xenerosidade e a ilusión.

viernes, 4 de enero de 2013

En Galicia, a xente ou emigra por fame ou emigra por talento


Sempre diferente, sempre olvidado en Galicia, sempre maxistral nas súas opinións... Sabedes que gusto del: 


Alvite é un soberbio escritor que vén de publicar Lilas en un prado negro, unha recompilación de artigos breves sobre personaxes dun vello manicomio galego. Di a editorial Ézaro que aquí se trata do psiquiátrico San Antón de Restande, un lugar debedor do opaco esplendor dos tempos pasados, de cando os hospitais psiquiátricos se chamaban manicomios.

Nesta entrevista, para Periodista Digital, máis Alvite que nunca. Poderás estar dacordo ou non, pero admiro a este compostelán certamente pouco recoñecido.


Di Alvite que Galicia é un mundo pequeno con moita literatura moi grande... En Galicia a xente ou emigra por fame ou emigra por talento... Os xornalistas teñen olvidado o kiosco e a rúa... O mellor xornalismo de hoxe en día faino a perruqueira...Eu sempre tomei o tren equivocado: é moito máis emocionante preguntar na estación a onde cheguei que saber a onde vai un... A concomitancia dos cartos (banca) coa política e coa información é moi perversa e debe ser corrixida de inmediato... 

Vale a pena escoitalo... e lelo. Un bo regalo de Reis.


http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=7XSzrGW05tQ

"... una recopilación de artículos seriados como una sucesión de historias narradas por un tipo que llevaba unos cuantos años recluido en un manicomio, un hombre insomne y estoico en el que me desdoblé para vaciar mis angustias y mi miedos de entonces, la soledad que había cultivado con ahínco y el silencio al final de las noches, aquel silencio casi sacramental en el que sólo a veces sentía—como el mordisco de una encía de pana rosa en la pulpa de una calabaza amarilla— el somormujo del remordimiento hurgando a deshora en el orbe abdominal y submarino de mi conciencia".