Sempre diferente, sempre olvidado en Galicia, sempre maxistral nas súas opinións... Sabedes que gusto del:
Alvite é un soberbio escritor que vén de publicar Lilas en un prado negro, unha recompilación de artigos breves sobre personaxes dun vello manicomio galego. Di a editorial Ézaro que aquí se trata do psiquiátrico San Antón de Restande, un lugar debedor do opaco esplendor dos tempos pasados, de cando os hospitais psiquiátricos se chamaban manicomios.
Nesta entrevista, para Periodista Digital, máis Alvite que nunca. Poderás estar dacordo ou non, pero admiro a este compostelán certamente pouco recoñecido.
Di Alvite que Galicia é un mundo pequeno con moita literatura moi grande... En Galicia a xente ou emigra por fame ou emigra por talento... Os xornalistas teñen olvidado o kiosco e a rúa... O mellor xornalismo de hoxe en día faino a perruqueira...Eu sempre tomei o tren equivocado: é moito máis emocionante preguntar na estación a onde cheguei que saber a onde vai un... A concomitancia dos cartos (banca) coa política e coa información é moi perversa e debe ser corrixida de inmediato...
Vale a pena escoitalo... e lelo. Un bo regalo de Reis.
http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=7XSzrGW05tQ
"... una recopilación de artículos seriados como una sucesión de historias narradas por un tipo que llevaba unos cuantos años recluido en un manicomio, un hombre insomne y estoico en el que me desdoblé para vaciar mis angustias y mi miedos de entonces, la soledad que había cultivado con ahínco y el silencio al final de las noches, aquel silencio casi sacramental en el que sólo a veces sentía—como el mordisco de una encía de pana rosa en la pulpa de una calabaza amarilla— el somormujo del remordimiento hurgando a deshora en el orbe abdominal y submarino de mi conciencia".
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Comenta lo que quieras aquí.