jueves, 21 de febrero de 2008

Estrea dunha curta galega, hoxe



Para que vexades que este blog é a ostia, hoxe estades invitados á estrea por internet de Don Señor e o home do Soño, unha curtametraxe de animación realizada baixo a coproducción de Domovoi Dixital e Matriuska Animación, dirixida por Nacho Abia.
.
Don Señor é unha reflexión sobre a sociedade na que vivimos, unha historia con pequenos tintes de surrealismo onde o espectador poderá ver a realidade dunha sociedade inmersa no consumo. É a historia e vida dun personaxe coa que, a través da miscelánea da animación 3D das técnicas máis antigas de 2D en canto a ilustracións, lograrase expresar o caos interior que o personaxe vive.
.
Esta curtametraxe, que sorprenderá a todos os espectadores, ten previsto a súa estrea hoxe, 21 de febreiro, de 18.00 a 00.00 horas, en
www.donsenhor.com.
.
Este pase será a primeira proxección desta curta, que tan só permanecerá pendurada na rede ese día. Espérovos aí, na ventaniña do ordenador.
.
Fermoso traballo é á vez moi triste. Sete minutos que reflicten o pesimismo nunha sociedade que nos supera e que, día a día, contribuímos a destruír máis. No mellor dos nosos sonos, sempre hai alguén que aparece para fodelo. Parabéns polo voso traballo e moita sorte Tareixa.

martes, 12 de febrero de 2008

Entroido canda os do Eixo



A loita non cesa. Os veciños do Eixo, parroquia compostelana, seguen coa súa particular peregrinación, pero neste caso non remata na Praza do Obradoiro, senón que ten un final desexado moito máis sinxelo: a volta á súa casa de Os Tres do Eixo.
.
Mentres os tres inocentes seguen na cadea, no pensamento de todos os veciños do Eixo, -e de moita xente do noso país que está sensibilizado ante esta inxustiza-, resoan sen cesar as palabras que lles adicaron Jesús, José e Simón: Quedamos nas vosas mans, para significar o seu berro tanto pesimista, coa súa entrada no cárcere de Teixeiro, como esperanzador, pola forza que ten a voz dun pobo.
.
O xeito de seguir a berrar esta vez aconteceu no pasado Entroido 2008, cando toda a parroquia disfrazouse de presidiarios, mentras coreaban chirigotas reivindicativas. Aí volas deixo, para pasar un bó rato e para darse conta do que hai.
.
NO ENTROIDO DESTE ANO
TEMOS MOITO QUE CONTAR,
NO EIXO PASARON COUSAS
QUE DEBEMOS ACLARAR.

INGRESARON NA CADEA
TRES VECIÑOS INOCENTES,
POR DEFENDER INTERESES
DE TODOS OS RESIDENTES.

A DEFENSA FOI CATIVA
POIS MOI MAL OS DEFENDEU
SOMOS MOITOS OS QUE PENSAN
QUE O AVOGADO SE VENDEU.

BUGALLO FOI DE VISITA
Á VOLTA DI NO XORNAL,
VIN ÓS TRES EN TEIXEIRO
E ESTÁN FENOMENAL.

ESTARÍAN MOITO MELLOR
SE OS POLÍTICOS SE MOLLARAN,
SOLO CON BOAS PALABRAS
NON EVITARON QUE ENTRARAN

O IMPRESENTABLE CONDE ROA
PÚXOSE COA POLICÍA
A DE LEVAR MOITOS VOTOS
DOS DE SANTA LUCÍA.


POR DAÑO QUE NON SE FIXO
NON SE PODE PEDIR PERDÓN,
ACABOUNO PEDINDO EL
POLA SÚA SEPARACIÓN.

AINDA QUE REZABA MOITO
E TIÑA GRAN DEVOCIÓN
LlOUSE CUNHA MAIS NOVA
FOI A SÚA PERDICIÓN.

Ó POLICÍA LESIONADO
A CABEZA LLE DOÍA,
PASÁBALLE DE REPENTE
TRAFICANDO CA GANDERÍA

SEU IRMÁN CHAMOU Á RADIO
E DIXO ABERTAMENTE,
ADEMÁIS DE QUERER DIÑEIRO
TEN MOITO CONTO O AXENTE

VARIOS MILES DE PERSOAS
FOMOS EN MANIFESTACIÓN
PEDÍNDOLLE O INDULTO
Ó GOBERNO DA NACIÓN.

GRACIAS A ESA BOA XENTE
POLA COLABORACIÓN,
OS VECIÑOS DO EIXO QUEDAN
A SÚA DISPOSICIÓN.

.